Smart GalApps lanza Smart Weather, o tempo para xente intelixente

A xente de Smart Apps anda sempre cun ruxe ruxe de ideas para aplicacións na cabeza, e agora veñen de lanzar o seu último proxecto para Android, Smart Weather, unha ferramenta para a consulta do tempo diferente ás aplicacións meteorolóxicas habituais.

 

Sen lugar a dúbidas, a maior vantaxe de Smart Weather é que permite que sexa o propio usuario o que cree un prognóstico meteorolóxico 100 % persoalizábel baseándose nas imaxes dos momentos anteriores (satélite, radar de choiva…) como tamén na predición dos próximos días.
Hai unha chea de datos que se poden escoller e prometen que seguirá en aumento co paso do tempo. Polo de agora, están dispoñíbeis os seguintes:
  • Imaxes de radar de choiva da AEMET e MeteoGalicia para a Península Ibérica.
  • Imaxes de satélite da AEMET, de MeteoGalicia, a IPMA e a NOAA para todo o mundo.
  • Imaxes de deteción de raios da AEMET para o Estado español.
  • Imaxes de predición atmosférica de MeteoGalicia para temperatura, choiva, vento, nubosidade, humidade relativa e neve de Europa occidental, África do Norte, Península Ibérica, con especial mención ás 4 provincias galegas.
  • Imaxes de predición oceanográfica de MeteoGalicia para temperatura da auga e altitude das ondas do Océano Atlántico.

Non falta nesta aplicación ese puntiño social que nos permite compartir cos nosos contactos a información a través das redes sociais, por correo electrónico, etcétera.

Que vos parece?

Nome da aplicación: Smart Weather
Prezo: Gratuíta
Requerimentos: Android
Desenvolvedor: Smart GalApps
Descarga: Play Store

Sobre o autor

No Responses

Reply