O LG Optimus G Pro xa está dispoñíbel en España

LG vén de anunciar a posta á venta dun novo terminal de gama alta, o Optimus G Pro, unha evolución do seu buque insignia do 2013, o Optimus G, pero que fica máis próximo aos tabletphones ca aos smartphones.

O Optimus G Pro incorpora unha pantalla IPS de 5,5 polgadas Full HD de resolución 1920 x 1080 píxeles (400 ppp), procesador de catro núcleos a 1,7 GHz, 2 GB de memoria RAM e 32 GB de memoria interna, que ademais son ampliábeis por microSD.
Vén con dobre cámara, a principal de 13 megapíxeles e a frontal de 2,1, batería de gran capacidade (3140 mAh) e plena compatibilidade coas redes 4G – LTE operativas no noso país.
No que ten a ver co software, sae á venta con Android 4.1.2 – Jelly Bean actualizábel, ademais da capa propia de LG á que se lle engaden funcionalidades específicas para este terminal como gravación dual (isto é, coas dúas cámaras a un tempo nun único arquivo PIP) ou VR Panorama, que permite sacar fotos de 360º, ademais das que xa coñecemos do seu predecesor, o Optimus G.Xa está dispoñíbel nas tendas do noso país por 549 euros.

Sobre o autor

One Response

  1. oarjonar 23 Xullo, 2013 Responder

Reply