Características, unboxing e prezo da nova Nexus 7 a poucas horas da súa presentación

A poucas horas do evento que Google ten programado par esta tarde decúbrese a Nexus 7 de segunda xeración a través dunha review dun usuario que conseguiu mercala a través dunha tenda que adiantou o stock.

As características técnicas da nova tablet pure Google pasan por unha pantalla de 7 polgadas FullHD, confirmándose unha mellora sustancial neste aspecto sobre a súa predecesora. O procesador é un Qualcomm Snapdragon S4 Pro a 1,5 GHz. Incorpora 2 GB de memoria RAM e, no dispositivo analizado, 32 GB de memoria interna. Tamén inclúe unha cámara principal de 5 megapíxeles.

 

O sistema operativo é a nova versión Android 4.3 Jelly Bean, polo que esta será sen dúbida a principal novidade desta tarde, aínda que se agardan poucos cambios respecto á actual 4.2.
Se quedades con ganas de saber máis, non vos perdades este unboxing:
Prezos e dispoñibilidade

Tampouco son xa unha sorpresa os prezos, pois en BestBuy xa se pode reservar a versión de 16 GB por 230 dólares  e a de 32 GB por 270. Malia todo, estamos seguros que a conversión vai ser 1 dólar = 1 euro, polo que falaríamos de 230 e 270 euros respectivamente.
Tendo en conta toda esta información, a dispoñibilidade sería inmediata, aínda que a incógnita é se só nos Estados Unidos ou de xeito global

Sobre o autor

Reply