Toda a televisión que queiras no teu móbil con estas aplicacións

A día de hoxe o visionado de contido multimedia pasa polos smartphones e tablets, e cada vez menos polos sobremesa (lembrades que son?) ou portátil. Debido a esta nova forma de consumir contidos dixitais, as canles de televisión optan por crear aplicacións para os nosos dispositivos móbiles.
Entre as aplicacións oficiais están as de RTVE, A3, La Sexta, Mitele (do grupo Mediaset) ou CRTVG, que serven para acceder a moitos programas das canles.
Ao mesmo tempo, as aplicacións de A3, La Sexta, RTVE, CRTVG e MiTele diferénzanse claramente, pois as de A3 e La Sexta están orientadas a ver contido xa emitido (á carta), mentres que as de RTVE, CRTVG e MiTele permiten, ademáis de á carta, o visionado de contido en directo.
Mención especial merce a da CRTVG, que nos permite acceder tanto ao contido á carta como ver programas en directo. Ademais, para o contido en directo contamos counha campá que se a prememos, podemos crear un evento no Google Calendar para que non se nos pase o programa que queremos ver.
Por outra banda, podemos destacar, que as canles decidiron crear aplicacións propias para os programas máis importantes para eles. Así por exemplo, RTVE conta cunha aplicación propia para seguir ao detalle a serie “Cuéntame como pasó” ou para a súa canle temática “Clan”, mentres que Mediaset conta cunha app para seguir, por exemplo, o “mundial de MotoGP” ou “La Voz”.
Falaba de A3 e La Sexta por separado, xa que en relación co grupo Atresmedia o que temos é unha applicación que funciona como algo semellante a unha rede social, posto que podemos recibir alertas para avisarnos do comezo do noso programa favortito, comentar o programa vía mensaxes ou recibir material exclusivo durante a emisión en directo. Iso si, a lista de programas é curta e non están nela todos os que se fan en directo.
Se sodes moi fans da televisión tamén podedes atopar na Google Play outras opcións para ver televisión en directo nos vosos dispositivos. Entre outras podemos destacar TDT Directo TV e unha marca xa veterana como Zattoo Live TV; esta última non nos funcionou moi aló e iso que era baixo unha rede WiFi.
Que vos parecen este tipo de apliacións? Usádelas?
Este artigo foi escrito por Álvaro Mouteira Souto. Ti tamén podes colaborar enviando os teus artigos ou análises.

Sobre o autor

Reply