Acer Liquid Z3, un básico con Jelly Bean por 99 dólares

Acer non é das marcas máis coñecidas no mundo dos smartphone Android, aínda que vai no camiño de irse abrindo oco neste sentor cada vez máis competitivo. A última incorporación ao seu catálogo é o Liquid Z3, un terminal de características moi básicas a un prezo hiperreducido: 99 euros.
Conta cunha pantalla de 3,5 polgadas e resolución 320 x 480 píxeles, procesador de dobre núcleo a 1 GHz, 512 MB de RAM, batería de 1500 mAh e cámara de 3 megapíxeles.
O máis sorprendente é que, malia as súas características modestas, vén con Android 4.2 – Jelly Bean, sen apenas personalizacións do sistema operativo máis aló da inclusión dalgún widget.
Agárdase que esté dispoñíbel no noso país para o mes de agosto.
Considerades este dispositivo como opción para algún tipo de público?

Sobre o autor

Reply