Google lanza este mes unha ferramenta para atopar terminais perdidos ou roubados

Seguramente algúns de vós tivéchedes a mala sorte de perder ou que vos roubaran o voso terminal Android, con todo o problema que iso supón. Como sabedes, hai diversas ferramentas que nos poden axudar a localizar onde se atopa, aínda que non todas funcionan o ben que deberan.
Agora, Google vén de anunciar oficialmente que este mes lanzará unha ferramenta para localizar os nosos terminais Android perdidos, podendo facer que soen a máximo volume (aínda que o teñamos en silencio) para atopalo se o temos, por exemplo, tirado nalgún lugar da casa. Mais tamén, para aqueles casos nos que queda perdido por aí, podendo acceder á localización en tempo real.
Esta funcionalidade será parte do Android Device Manager, ferramenta a través da cal tamén poderemos borrar en remoto todo o contido do dispositivo para que non poidan aacceder aos nosos datos.
Estará dispoñíbel este mesmo mes e funcionará en dispositivos con Android 2.2 ou superior.

Sobre o autor

Reply