Google xa permite canxear as tarxetas agasallo da Play Store no noso páis

Google ten a mala costume de ir habilitando servizos pouco a pouco, primeiro nos Estados Unidos e, cando toque, noutras ubicacións do globo. É algo que para nós non ten xeito algún, posto que os seus produtos e servizos están amplamente extendidos por todos os países do mundo, nomeadamente en Europa.
Onte habilitouse por fin a posibilidade de canxear tarxetas agasallo da Play Store desde o noso país, aínda que polo de agora non temos coñecemento de que estén dispoñíbeis en ningunha tenda física do Estado para poder mercalas, mais semella que este tema quedará resolto en breve. O saldo que canxeemos con estas tarxetas quedará na nosa conta de Google Wallet e serviranos para mercar aplicacións, aínda que non para descontos en dispositivos, como os Nexus.

Sobre o autor

Reply