Asus lanza unha nova tablet de 10 polgadas, a MeMO Pad FHD 10

Asus vén de anunciar  o lanzamento comercial da súa nova tablet MeMO Pad FHD 10, onde fan unha aposta pola calidade de pantalla ao incorporar un panel IPS Full HD 1920 x 1200.
O procesador é un Intel Atom Z2560 a 1,6 GHz, que vén acompañado por 2 GB de memoria RAM e diferentes versións segundo a capacidade da súa memoria interna (16 ou 32 GB), ampliábis por microSDs de até 32 GB (e 5 GB para sempre na nube de Asus).. Ten dobre cámara (de 5 e 1,2 megapíxeles).
Está pensada para disfrutar de todo o contido multimedia, polo que ademais de ter unha pantalla con boa resolución e un ángulo de visión de 178 graos incorpora a tecnoloxía SonicMaster para o son, que ademais trae unha aplicación chamada Audio Wizard para poder variar parámetros.
En canto a sistema operativo, vén con Android 4.2 Jelly Bean actualizábel, ademais dunha pequena capa de personalización.
Xa a podemos mercar en tres cores (azul mariño, branco e fucsia) por 349 €.

Sobre o autor

Reply