Bic Pen & Stylus: boli e lapis para a túa tablet por menos de 3 €

Xeralmente os accesorios para as nosas tablets e smartphones son caprichos caros, sobre todo se vamos aos produtos orixinais dos principais fabricantes. Co fin de democratizar o sector dos stylus, o fabricante de bolígrafos Bic vén de anunciar o lanzamento dun punteiro capacitivo que poderemos usar coas nosas tablets ou smartphones: o Bic Cristal Stylus.

Nunha das puntas ten bolígrafo tradicional, mentres que na outra está o punteiro propiamente dito, polo que teremos un interesante produto 2×1 que ademais segue a filosofía do fabricante de aplicar un prezo baixo. Así, o Cristal Stylus pódese mercar en Amazon por 2,49 libras (algo menos de 3 euros ao cambio), aínda que tamén se vende en packs de máis unidades.

Tags:

Sobre o autor

One Response

  1. Carlos Andina 13 Agosto, 2013 Responder

Reply