O HTC Desire 601 e Desire 300. A nova aposta de HTC para a gama media e básica

Coincidindo coa semana do IFA, tivemos unha mañá chea de novas procedentes da taiwanesa HTC, que ven de presentar dous interesantes terminais. O Desire 601 dirixido á gama media e o Desire 300 para a gama baixa.

Desire 601

HTC Desire 601_all colours

É un terminal que conta cunha pantalla qHD de 4,5″, cámara traseira de 5 mpx con flash ademáis de moito do software que coronou o HTC One como un dos terminais do ano como son HTC BlinkFeed, HTC Zoe con Video Highlights y HTC BoomSound, facendo deste Desire 601 un referente na gama media.
O procesador non é outro que o recoñecido Snapdragon 400, un dual core a 1,4 mhz e conectividade 4G. Algo que mellora notablemento o son, é a colocación frontal dos altofalantes.
Estará dispoñibel en varias cores e desde este mesmo mes de Septembro en Europa.

Desire 300

HTC Desire 300

A súa pantalla é de 4,3″ e o procesador elixido desta volta foi o Snapdragon S4, un dual core a 1 ghz. A súa cámara traseira e de 5 mpx sen flash e a dianteira VGA. Non debemos olvidar que temos diante un terminal dirixido á gama baixa.
Deste terminal podemos destacar o tamaño de pantalla: ¿teremos cada vez máis terminais de gama baixa con patallas de máis de 4 polgadas?

O prezo dos terminais non foi especificado.

Sobre o autor

Reply