FNAC lanza un smartphone para todos os petos

Fnac_3.5_frontal_black

FNAC vén de anunciar o lanzamento do seu novo smartphone, o FNAC 3.5, un terminal pensado para quen non precisa moito dun dispositivo, pero que non por ilo quere estar desconectado, o que vén a ser un básico.

Conta cunha pantalla de 3,5 polgadas IPS HVGA (320 x 480), procesador Cortex A7 de dobre núcleo a 1,2 GHz, 1 GB de memoria RAM, 4 GB de memoria interna (+16 GB incluídos nunha tarxeta microSD) e batería de 1200 mAh. Como sistema operativo trae Android 4.2 (Jelly Bean) limpo e como punto extra dispón de dual SIM, polo que se poden ter incluídas 2 tarxetas de 2 operadores diferentes.

Está dispoñíbel en branco e negro por 109,99 €.

Sobre o autor

Reply