miTab Genius, a primiera tablet de 4 núcleos de Wolder

Wolder miTab GENIUS

Wolder vén de anunciar a posta á venda no noso país da súa primeira tablet de 4 núcleos, a miTab Genius, que segue a mesma liña que o resto de produtos deste fabricante cun axustrado prezo de 179 euros.

Conta cunha pantalla de 10,1 polgadas con 5 puntos táctiles e formato panorámico 16:9, procesador de 4 núcleos a 1,2 GHz, 1 GB de RAM, 16 GB de memoria interna e dobre cámara, a principal de 5 megapíxeles.

Como sistema operativo leva Android 4.1 Jelly Bean practicamente limpo e a súa conectividade á rede é unicamente WiFi, aínda que neste aspecto, o da conectividade, tamén conta con porto HDMI 1080p, ademais dos típicos jacl 3.5 e microUSB..

Pódese mercar na súa tenda en liña ou en certos establecementos físicos.

Sobre o autor

Reply