O Asus Padfone Infinity chegará ás tendas o 17 de setembro

Cando Asus presentou o seu Padfone Infinity no MWC13 de febreiro dixo que estaría dispoñíbel en abril deste mesmo ano, mais non sabemos que foi o que puido acontecer para que houbese tantos retrasos e non fose até agora cando se anunciase unha data concreta: 17 de setembro.

A partir dese día poderemos disfrutar deste híbrido smartphone-tablet. O smartphone, verdadeiro motor, conta cunha pantalla de 5 polgadas e resolución 1920 x 1080, que cando se conecta ao dock convírtese nunha tablet de 10,1 polgadas.

O procesador é un Qualcomm Snapdragon 600 a 1,7 GHz, ten 2 GB de RAM, 64 GB de memoria interna (+50 GB extra na nube de Asus e dobre cámara, de 13 e 2 megapíxeles.

Sobre o autor

Reply