Sopas Galegas, un xogo sinxelo co que pasar o tempo na nosa lingua

Screenshot_2013-09-11-14-18-31

Quen non xogou nunca ás sopa de palabras? Pois xa podemos facelo na nosa lingua grazas a Sopas Galegas, un xogo no que, como podedes imaxinar, debemos procurar as palabras que nos suxiran na sopa de letras que se nos plantexe. Segundo comenta o autor, hai máis de 750 palabras incluídas a estas alturas, pertencentes a 15 categorías diferentes, polo que ademais de pasar uns bos intres poderemos aprender.

Neste senso, dispón dunha facilidade que permite buscar os termos en Google, na Wikipedia ou no Dicionario da Real Academia Galega, para que non quedemos con ningunha dúbida.

Screenshot_2013-09-11-14-17-10

As localización das palabras van mudando nas diferentes partidas (nada de facer trampas!) e as persoas máis competitivas disfrutarán tentando mellorar os tempos nos que son capaces de resolver os diferentes retos que van xurdindo. Tamén resulta moi interesante que a propia aplicación adáptase aos diferentes tamaños de pantalla, para que todas as experiencias sexan o máis positivas posíbel.

Screenshot_2013-09-11-14-18-54

Sopas Galegas é un xogo que está dispoñíbel de balde para a súa descarga na Play Store.

Graciñas a @AmilGZ polo chivatazo desta app!

Sobre o autor

No Responses

Reply