Análise e sorteo da funda impermeable VoyagerMusic

DSC03347
Os amigos de Mobilefun agasállannos con esta interesante funda., a VoyagerMusic, que ademáis de evitar danar os nosos gadgets coa auga ou outras adversidades, apórtanos unha característica extra: podemos escoitar a nosa música sen deixar de protexer os aparellos.

Xa estamos afeitos a este tipo de accesorios, pero a característica extra que nos aporta, ben seguro que vos vai gustar a moitos. E é que poder conectar unhos auriculares e desfrutar da nosa música en condiccións adversas é importante. Así, por exemplo, podedes estar na praia e protexer os vosos gadgets da area ou sair facer running nun día de chuvia sen renunciar a escoitar a túa música xa que conta cunha corda para colgar no pescozo.

Non podemos deixar pasar outra característica que nos gustou moito. Esta funda permítenos manexar o terminal sen sacalo dela, é dicir, podemos usar tanto os botóns físicos como a pantalla táctil sen ter que sacar o móbil. Ese tweet ou actualización de Google+ é posible en calquera momento dunha forma cómoda e sinxela.

Deixámovos algunhas das fotos que fixemos durante as probas desta funda VoyagerMusic de Cellular Line.

DSC03355

Terminal somerxido en auga

DSC03354

Terminal baixo un chorro de auga

DSC03350 bis

Ups, unha chamada do xefe. Menudo momento 😉

Sorteo

Pois grazas a Mobilefun, onde podedes mercar esta funda e outros moitos accesorios, imos proceder a sortear unha VoyagerMusic entre todas e todos vós. Que tedes que facer? Moi sinxelo, seguir os seguintes pasos antes das 12 da mañá deste domingo 22 de setembro.

  • Seguir a Mallando no Android (@mallandroid) e a MobileFun (@MobileFunSpain) no Twitter.
  • Poñer o seguinte tweet: Quero gañar con @mallandroid e @MobileFunSpain unha funda VoyagerMusic para o meu smartphone! http://ir.gl/voyager

Entre todas as mensaxes recibidas seleccionarase cunha función random o tweet gañador. Sorte! 🙂

[Actualización]: Logo do sorteo, saiu gañador @tregolas_blue. Noraboa!

Sobre o autor

Reply