Android Kitkat chegará en outubro, segundo Nestlé

kit kat

 

Querían notoriedade e conseguírono. Como xa falamos, a próxima versión de Android tamén ten nome de doce, aínda que desta vez dun produto comercial, KitKat. Pode que non sexa de todo acertado desde o punto de vista máis purista, aínda que como campaña comercial está a ser todo un éxito. Así, xa chegaron ao noso país unidades de KitKat da edición especial Android, que veñen con premios no interior, como tablets Nexus7 ou saldo para gastar na Play Store (así que se vos gusta o chocolate e vedes algún, non deixedes pasar a oportunidade).

Movéndonos xa ao que máis nos interesa aquí, a próxima versión do sistema operativo, Nestlé vén de confirmar a través dunha das súas páxinas oficiais no Facebook, que a Android 4.4 Kitkat chegará en outubro, o que nos levaría a pensar que Google tamén terá listo o seguinte Nexus para esa data, que estaría fabricado por LG atendendo ás últimas filtracións.

Vía

Sobre o autor

Reply