Oppo N1, outra revolución chegada da China

Oppo N1

Meizu, Xiaomi e Oppo: tres fabricantes chineses que están a revolucionar o sector dos smartphones, amosándonos que podemos ter trebellos de altísima calidade a prezos máis accesíbeis. Hoxe toca falar do Oppo N1, presentado onte, que non só competirá en prestacións e en prezo, senón que o fai aportando innovación.

Este dispositivo incorpora unha pantalla de 6 polgadas (resolución 1920 x 1080, 377 ppi), procesador Qualcomm Snapdragon 600 de catro núcleos a 1,7 GHz, 2 GB de memoria RAM e 16 ou 32 GB de memoria interna dependendo da versión, ademais de 3610 mAh de batería.

Oppo N1_2

Mais o que chama a atención no seu deseño é a súa cámara, que cos seus 13 megapíxeles e apertura de f/2.0, é xiratoria. Isto permite que funcione como cámara traseira ou dianteira, tendo en todos os casos a mesma calidade de imaxe. Ademais, a parte traseira do terminal é táctil, o que nos lembra ás innovacións feitas neste senso por LG co seu G2, que teñen como obxectivo ir eliminando os botóns físicos.

Oppo N1_3

En canto a sistema operativo, poderanse escoller dúas opcións, ben Color, unha versión customizada de Android 4.2, ou a coñecida CyanogendMod, o que incrementa as posibilidades de escolla dos usuarios.

Oppo N1_1

Polo de agora non se fixo público cando vai estar dispoñíbel e a que prezo, ademais de se ten previsto chegar ao noso País. Ficaremos atentos para comentárvolo en canto haxa máis información

Sobre o autor

One Response

  1. HarakiriSamurai 16 Setembro, 2014 Responder

Reply