Obradoiros Abertos recibe un lavado de cara na súa actualización

Screenshot_2013-09-06-12-46-19

A comezos do ano pasado falaramos no blog de Obradoiros Abertos, a aplicación impulsada pola Asociación Galega de Artesáns que ten como obxectivo principal xeoposicionar os talleres artesáns que hai distribuídos por toda a xeografía de Galiza.

Cada un dos diferentes talleres tradúcese nunha ficha na aplicación na que se recolle información como o enderezo, teléfono de contacto, horario de apertura e, obviamente, a que se adica o taller en cuestión. Como nota extra, pódese acceder directametne á función de chamada ou de navegador para que nos leve até dito lugar.

obradoiros

A nova actualización supón un lavado de cara da aplicación, aínda que tamén se incluíu unha nova categoría, “Rutas no camiño”, que permite coñecer os talleres situados en cada ruta do Camiño de Santiago.

A aplicación é gratuíta, está dispoñíbel en 3 idiomas (galego, español e inglés) e pódese descargar desde a Play Store.

Sobre o autor

Reply