Fairphone amosa a personalización de Android que engade

Un móbil de comercio xusto. Esa é a idea que subxace de Fairphone, un dispositivo xurdido dunha iniciativa de crowdfunding que pretende garantir a procedencia ética de todas as pezas e materias que compoñen o terminal, ademais dunhas xustas condicións de traballo para quen se encargará de as ensamblar.

Lembramos que as características técnicas deste smartphone que custará uns 325 € pasan por unha pantalla de 4,3 polgadas (960 x 540), procesador de 4 núcleos a 1,2 GHz, 1 GB de RAM, 16 GB de memoria itnerna, cámaras de 8 e 1,3 megapíxeles e dobre tarxeta SIM.

Agora veñen de amosar como será o seu sistema operativo, baseado en Android 4.2 Jelly Bean. Entre outras cousas, engade accesos rápidos ás aplicacións que máis usamos ou ás recentes, así como un fondo que vai mudando segundo o nível de batería que teñamos. No vídeo que acompaña este texto podedes ver máis polo miúdo como é.

Vía

Sobre o autor

Reply