Analizamos o Archos 50 Platinum

archos_front

Que hai de quen precisa un terminal con pantalla grande e non quere deixar os aforros da súa vida nel? Pois existen varias e boas alternativas, unha delas o Archos 50 Platinum, que hoxe traemos para analizar no noso blog, dispositivo que combina boas prestacións cun coidado deseño.

Deseño, acabado e conexións

O Archos 50 Platinum ten un coidado deseño, que desde a vista frontal achega gran sensación de elegancia, con liñas redondeadas e sen botóns, perdendo a noción de que é pantalla e que non. A parte traseira, de acabados plásticos, ten como único inconvinte ser bastante suxo en canto a pegadas e graxa dos dedos.

Unicamente incorpora 3 botóns, controis de volume á esquerda e acendido á dereita. Na parte superior sitúanse os conectores de audio jack 3.5 e o micoUSB, mentres que na traseira unicamente atopamos a cámara e, moi ben disimulado, o altofalante. Xa no interior atopamos xunto a batería o espazo para tarxeta microSD ademais de para 2 tarxetas SIM.

archos_dualsim2

Pantalla

Incorpora un panel IPS de 5 polgadas e relación de aspecto 16:9. A resolución é de 220 ppi (540 x 960 píxeles), con 178 graos de visión. A definición parece algo escasa tendo en conta o tamaño da pantalla, mais por regra xeral non se apreza calidade inferior a outros terminais con pantallas semellanes, unicamente en momento específicos como ao ler textos con letra pequena.

Ten boa xestión do brillo, polo que resulta cómodo para ler en entornos con alta luminosidade. Se ben é certo que notamos certo lag a adaptarse o brillo automaticamente cando hai cambios bruscos, por exemplo ao apagar a luz da habitación.

Sistema operativo

En canto a sistema operativo, o trebello vén con Android 4.1.2 limpo, xa que Archos unicamente introduxo un par de aplicacións, resultando unha experiencia semellante á dun pure Google. A única diferenza atopámola no menú, posto que ao tratarse dun dual SIM, precísase un lugar no que xestionalas.

archos_dualsim

Está preparado para recibir actualizacións vía OTA, polo que é de supoñer que o fabricante actualizará o sistema operativo algunha vez.

Cámara

A cámara principal, de 8 megapíxeles, inclúe flash LED, e consegue uns resultados bastante positivos en todas as situacións. O lector frontal é de 2 megapíxeles, abondo para o uso que se lle dá. A continuación deixámosvos unhas imaxes tomadas con el en diferentes situacións.

A contraluz

De preto

 

Interiores

Exteriores

Batería

A batería, de 2000 mAh, parecíanos sobre o papel algo escasa para un dispositivo de 5 polgadas. Sen embargo, tras días de uso resultou rendir especialmente ben, dando autonomía abonda para acabar o día sen problema e mesmo chegar a día e medio usando unha única SIM.

Se se empregan ambas SIM nótase un descenso importante da autonomía, sobre todo se nos movemos por lugares nos que non hai demasiada cobertura, aínda que sempre puidemos chegar á noite sen recorrer ao cargador.

Conclusións

Ás 5 polgadas, principal atractivo deste terminal, hai que engadirlle un procesador de catro núcleos a 1,2 GHz, 1 GB de RAM e 4 GB de memoria interna. Para aumentar esta capacidade, o dispositivo admite microSD de até 32 GB de capacidade. O rendemento é, para un uso xeral, bastante óptimo, aínda que cando se sobrecarga moito nótase unha perda de fluídez, no que terá moito que ver o GB de RAM.

Resulta moi interesante a inclusión de dual SIM, xa que permite ter activas dúas tarxetas a un tempo, polo que poderemos aforrar moito se temos compañías ou tarifas específicas en cada unha delas.

En definitiva, parécenos un terminal de moi boas prestaciósn e cun prezo máis que atractivo, pois podémolo atopar por 219 €.

Sobre o autor

2 Comments

  1. bxo 8 Outubro, 2013 Responder
    • Iago Varela Martínez 9 Outubro, 2013 Responder

Reply

Deixa una resposta a Iago Varela Martínez Cancelar a resposta