Máis seguridade con Prot-On

Prot-On-grandeA medida que os nosos smartphones conteñen máis información persoal, máis nos preocupamos pola seguridade. Tendo en conta esta presmisa, nace Prot-On, unha aplicación dirixida a aqueles usuarios que queren compartir arquivos cun extra de seguridade.

Prot-On permítenos encriptar todo tipo de documentos (fotos, vídeos, audio, textos) e logo decidir con quen o compartimos para o cal temos unha morea de opcións.

Un punto moi importante é que Prot-On é multiplataforma, deste xeito temos aplicación móbil para diferentes sistemas operativos e tamén contamos cunha versión web que nos permite xogar coas opcións de configuración dun xeito moi cómodo dende o noso portátil ou sobremesa.

Imos ao lío. Por exemplo a propia aplicación ten un acceso directo á camara para facer unha foto e logo, tras unhos axustes de seguridade, compartila. Pero tamén podemos acceder á galeria, na procura dalgunha foto que queremos compartir.

screenshot-20131002-123001

Unha vez elixida a foto que queremos compartir, vemos que temos varías opcións entre as que queremos destacar: compartir e permisos.

Permisos.

O primeiro que vemos é con quen podemos compartir, e se nos fixamos na parte superior dereita, temos un botón que nos permite configurar polo miúdo o nivel de seguidade, que vai desde opcións por defecto a opcións personalizadas para cada arquivo. De forma predeterminada, so se permite a lectura. Pero pódese modificar.

screenshot-20131002-105643

Podemos destacar que se nos permite establecer un tempo durante o cal o arquivo está aberto. Ao finalizar este tempo, non se poderá ter acceso. Tamén podemos poñer unha marca de auga, e até ter un rexistro de actividade do arquivo: quen e cando accede a el.

Pantallazo-2

Entre os permisos que podemos dar están as opcións de lectura, escritura, impresión, copia ou xestión. Decidindo que queremos que poda facer o receptor do arquivo.

Pantallazo-3

Outra posibilidade intesante é que o que recibe os arquivos pode pedir que se lle concedan máis permisos xa que, por exemplo, se so lle damos permisos de lectura, igual pode necesitar imprimir aquelo que foi compartido. Para esta solicitude, o propietario do arquivo recibe un mail do seguinte estilo:

Pantallazo-5.1

Compartir.

Unha vez establecidos os parámetros anteriores, imos compartir o arquivo. Podemos enviar directamente por mail ou facelo a través dun coñecido servicio de almacenamento na nube (Dropbox), e mesmo podemos enviar o arquivo a outro usuario que empregue a aplicación.

O que o usuario recibirá, é un arquivo encriptado que se o recibe no email e está traballando co portátil, o que ten que facer e abrir no navegador a web da aplicación e arrastrar o arquivo para desprotexelo e poder visionalo.

Pantallazo-1 Pantallazo-4.1

 

 

 

 

 

 

Se o recibimos co móbil cando o imos abrir o que atopamos é unha opción nova (tendo previamente instalada a aplicación) que é abrir con Prot-On.

screenshot-20131002-110942 screenshot-20131002-110959

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Pensamos que está aplicación non é para todos, xa que como non pode ser doutro xeito, o cómodo é ter un arquivo e envialo sen pasar polos filtros anteriores. Agora ben, a esta aplicación non se lle pode negar que engade un extra de seguridade.

 

Nome: Prot-On
Requerimentos: Android 2.3 e superiores
Prezo: Gratuita
Descarga: PlayStore

Sobre o autor

Reply