Fíltrase o suposto manual do Nexus 5

nexus5

O aumento do número de filtracións e a gran campaña sobre KitKat lévanos a pensar que o próximo Nexus e a nova versión do sistema operativo Android están a caer. O último en se filtrar é o suposto manual de servizo do Nexus 5, un documento orientado a uso interno que daría a coñecer todas as características técnicas.

Dacordo a este manual, o próximo pure Google incorporaría unha pantalla FullHD de 5 polgadas, procesador SnapDragon 800 de 4 núcleos a 2,4 GHz, 2 GB de memoria RAM, 16 ou 32 GB de memoria interna, cámaras de 8 e 1,3 megapíxeles e unha batería de 2300 mAh, que poderá ser cargada de forma inarámica.

Vía

Sobre o autor

No Responses

Reply