A historia de Android (VII)

Hoxe comezamos a repaso cambiando de ano. No anterior artigo acabamos o 2010 falando do lanzamento do Nexus S con Gingerbread e hoxe imos repasar o Mobile World Congress de 2011. Sen dúbida este ano foi cando o mercado se inundou de terminais de moitos fabricantes que elixían Android como sistema operativo.

Un exemplo é Sony Ericcson (si, no 2011 aínda se chamaba Sony Ericcson) apostou forte presentando un terminal cun deseño moi atractivo como foi o Xperia Arc. Tamén presentou o Xperia Play que era un terminal dirixido aos que usan moito o smartphone para xogar, pois contaba cun teclado físico que nos recorda ao mando da PlayStation. Non debemos esquecer o Xperia Neo dirixido á gama media.

Xperia ARC

xperia arc

Pantalla de 4,2″ e resolución de 854×480 con 233 ppi – 512 ROM – 512 RAM – Procesador Qualcomm a 1ghz – Cámara de 8,1 mpx

Xperia NEO

xperia neo

Pantalla de 3,8″ e 854×480 de resolución – 512 MB de RAM – 380MB de ROM – Procesador Snapdragon a 1ghz – Cámara traseira de 8mpx e dianteira VGA

Samsung elixiu o mobile para actualizar o que fora un éxito de vendas no ano 2010, presentando o Galaxy SII. Este terminal era do mellor do momento cun hardware moi potente que facía que os posuidores dunha destas unidades tivese unha experiencia de usuario óptima.

galaxy s2

Pantalla 4,3″ e resolución de 800×480 super AMOLED – 1GB de RAM – 16/32 GB de ROM – Procesador Samsung Exynos de doble núcleo a 1,2 mhz – Cámara traseira de 8mpx e dianteira de 2mpx

Samsung tamén presentou nesta feira un terminal de entrada pero que lle deu moi bos resultados á empresa e non é outro que o Galaxy Ace. Seguro que aos bos números axudou a subvención das operadoras. Ademáis este terminal aínda hoxe conta cunha comunidade moi activas detrás que fai que existan á nosa disposición unha morea de roms que en moitos casos permiten estirar a vida deste terminal y moitos outros.

HTC tamén estivo moi activa no MWC2011 presentando varios terminais dirixidos a diferentes tipos de usuarios. Por exemplo para a gama alta elixiu o Desire S e o Incredible S. Para aqueles que desexan un teléfono básico, presentou a actualización do Wildfire que tan bo resultado lle deu anteriormente. Chamouse Wildfire S. E por último destacamos o HTC Cha Cha Cha, que tiña un teclado qwerty. O motivo non era outro que intentar competir coas Blackberry 8250 que tan ben se vendían entre os máis cativos.

chacha

Pantalla 2,6″ con resolución 480×320 – Teclado qwerty – 512 MB de RAM – 512 MB de ROM – Procesdor Snapdragon 800mhz – Cámara 5mpx

 

Wildfire S

wildfire s

Pantalla 3,2″ con resolución 320×480 e 180ppi – 512 MB de RAM – 512 MB de ROM – Procesador Qualcomm a 600 mhz – Cámara 5mpx


LG tamén levou varios terminais. Presentou o Optimus 2X e o Optimus Black dous androides normaliños que se suman as opcións que xa están no mercado. Se cadra o máis novidoso da presentación de LG foi a súa aposta polo 3D no móbil. Foi una tendencia que durou máis ben pouco á que se sumou LG cun terminal que nos ofrecía a posibilidade de grabar en 3D para o cal, tíña dúas cámaras de 5mpx cada unha.

Optimus 2X

optimus 2x

Pantalla 4″ TFT con resolución de 480×320 e 233 ppi- 512 MB de RAM – 8 GB de ROM – Procesador Nvidia Tegra 2 – Cámara traseira 8 mpx e dianteira de 1,3 mpx

 

Optimus Black

optimus black

Pantalla 4″ IPS con resolución 800×480 e 233 ppi – 512 MB de RAM – 2 GB de ROM – Procesador Texas Instruments a 1ghz – Cámara traseira de 5 mpx e dianteira de 2mpx

 

Optimus 3D

optimus 3d

Pantalla 4,3″ con resolución 800×480 e 217 ppi – 512 MB de RAM – 8 GB de ROM – Procesador Texas Instruments dual-core a 1ghz- Cámara traseira Backside Illumination Dual 5mpx e dianteira VGA

 

Continuará…

Sobre o autor

Reply