Aparece un vídeo “hands on” dun prototipo dun Nexus 5 e Kit Kat

Mentres contamos os días para descubrir oficialmente o próximo Nexus 5 e a nova versión de Android, Kit Kat, seguimos recibindo filtracións, a última este vídeo no que aparece un prototipo do novo terminal de Google. Nel pode verse con todo luxo de detalles como sería fisicamente este dispositivo (repetimos, prototipo) e algunhas cousas de Android 4.4, aínda que neste caso debemos ser máis prudentes, pois aparece como Key Lime Pie (o nome que ía ter antes do acordo con Kit Kat), polo que pode que sexa unha versión preliminar.

Vía

Sobre o autor

Reply