HTC One Max, o irmán maior do mellor smartphone de HTC

HTC One max Glacial Silver Perspective Left

HTC apúntase aos terminais de gran pantalla co HTC One Max, a versión tabletphone deste fabricante chinés que ten como principal aspectos diferenciadores unha pantalla FullHD1080p de 5,9 polgadas e un lector de pegadas dixitais.

O seu procesador é un Qualcomm Snapdragon 600 de catro núcleos a 1,7 GHz, acompañados de 2 GB de RAM e 16 GB de memoria interna ampliábeis por microSD e 50 GB virtuais en Google Drive. A batería é de 3300 mAh, que se poden ampliar en 1200 mAh máis se se usa a funda HTC Power Flip. Doutra banda, a cámara frontal é de 2,1 megapíxeles e a traseira con tecnoloxía ultrapixel

Power Flip Case

En canto a software, ademais de contar cunha das últimas versións de Android (Jelly Bean 4.2), tamén inclúe HTC Sense 5.5 con BlickFeed, Zoe e BoomSound.

Estará dispoñíbel en novembro de xeito global.

Sobre o autor

Reply