Perde o Xperia Z perde a súa impermeabilidade?

Se hai algo que chama a atención deste terminal non é a súa pantalla, nin o procesador, nen sequera a cámara; é a resistencia á auga e ao po que fixo que moitos usuarios se decantasen por este terminal en vez de outro tope de gama. Este terminal é sumerxible durante períodos curtos, como puidemos comprobar cando o analizamos… ou non. Parece ser que outra das cousas que facían destacar este terminal, o seu deseño con cristal na súa parte posterior é un problema.

Ao parecer o colante empregado para colocar este cristal non resiste ás altas temperaturas, polo que nun día de verán ou nun que fagamos traballar o procesador (e por conseguinte quentarse) pode converterse no comezo dun pesadelo.

Pequena separación que pode traer grandes problemas.

Se ben isto non está ocurrindo con tódolos terminais, cómpre telo en conta á hora de mercar un terminal ou vixiar a temperatura do terminal.

Neste fío lévase a conta de terminais que están a ter estes problemas; varios deles deciden amañar eles mesmos o problema quentando o terminal cun secador para que se derreta o pegamento e poñendo unha pinza de maneira que exerza presión. Animámosvos a comentar se sufríchedes este problema cos vosos terminais (esperamos que non) no caso de telo.

Sobre o autor

Reply