A Historia de Android (VIII)

gingerbread-man

Seguindo o repaso pola historia de Android queremos adicar o capítulo de hoxe a repasar as actualizacións que sufriu durante o ano a versión 2.3 do noso sistema operativo favorito.

Durante o ano 2011 Gingerbread tivo 4 actualizacións nun periodo de 6 meses. Entre as características novas ou melloras que inclúen estas actualizacións podemos destacar:

  • Soporte de chat de video ou voz usando GTalk.
  • Melloras no rendimento por red do Nexus S 4G.
  • Amaño dun erro co bluetooth do Galaxy S.
  • Melloras na app de correo electrónico.
  • Melloras no software da cámara.
  • Melloras na xestión de batería.
  • Soporte de gWallet para o Nexus S 4G.

android-ice-cream-sandwich

Para o final deste ano tiñamos unha sorpresa esperándonos. Era a presentación da nova versión de Android, chamada Ice Cream Sandwich (v4.0). Fixándonos na versión, ICS supón un cambio importante xa que está baseada no núcleo de linux 3.0.1 que permitiu introducir cambios importantes. Podemos destacar:

  • Separación de widgets nunha nova pestana.
  • Facilidade para crear carpetas tan so con arrastrar e soltar.
  • Función pinch-to-zoom para o calendario.
  • Captura de pantalla integrada.
  • Novo acceso a aplicacións dende a pantalla de bloqueo.
  • Mellora na función de copiar-pegar.
  • Desbloqueo facial.
  • Chega Google Chrome aos nosos terminais.
  • Mellora na aplicación da cámara.
  • Editor de fotos integrado.
  • NFC.
  • Wifi Direct.
  • Grabación de vídeo a 1080p.

Non nos esquecemos dunha versión lanzada exclusivamente para tablets, foi Android 3.0 coñecida como Honeycomb, pero esta é outra historia que comentaremos no seu debido tempo.

Continuará…

Sobre o autor

Reply