Woxter Zielo Q30, boa relación calidade – prezo e un servizo post venda de luxo

woxter zielo

O fabricante Woxter, que  ocupa o quinto posto en venta de tablets, vén de presentar o seu smartphone Zielo Q30 co que pretenden facerse un oco no sector dos smartphones cun dispositivo de pantalla QHD de 5,3 polgadas e resolución 960 x 540 píxeles.

Do resto de características destacan o seu procesador de catro núcleos a 1,2 GHz, 1 GB de RAM, 4 GB de memoria interna ampliábeis por microSD, dobre cámara (8 e 2 megapíxeles) e batería de 2200 mAh. Ten soporte para dúas SIMs e integra a versión de Android 4.2.

Está dispoñíbel en dúas cores (azul e branco) por 219 €, que inclúen ademais da garantía obrigatoria de 2 anos un servizo post venda Premium (tamén de 2 anos de duración) co que se compromenten a solucionar calquera avería en 48 horas.

Sobre o autor

No Responses

Reply