YouTube actualízase permitindo a reprodución de audio en segundo plano

Cantas veces vos teñen recomendado unha canción (ou non tendes unha na memoria) e vos entran tantas ganas que decidides escoitala ao momento no voso smartphone vía YouTube? E cantas veces vos chega unha notificación,abrídela e a canción se detén? Pois ben, semella que esta é unha queixa reiterada dos usuarios, polo que Google vén de pór fin a este problema coa nova actualización de YouTube que nos permitirá reproducir audio en segundo plano.

Esta opción (posto que se pode desactivar) vén coa versión 5.2.27 que xa se está a distribuír, pero se non queredes agardar por ela podedes descargala desde esta ligazón e instalala manualmente

Tags:

Sobre o autor

Reply