Kindle Fire HDX e Kindle Fire HD, as novas propostas de Amazon

A semana pasada, foi o momento elixido por Amazon para presentar a nova xeneración das Kindle Fire. Desta volta chamaranse Kindle Fire HD e Kindle Fire HDX

Familia Kindle Fire HDX

Fire HD

E a máis económica das dúas, xa que sae á venta cun prezo de 139€ a versión de 8gb de almacenamento interno. Por este prezo, podemos desfrutar dun hardware moi interesante no que destacamos a pantalla de 1280×800 de resolución e 216 ppi para un tamaño de 7″. Amazon decidiuse por un procesdor dual-core de 1,5 mhz para mover todo o conxunto. Se queremos a versión de 16gb o prezo é 169€.

Fire HDX

Este dispositivo podémolo atopar en dous tamaños diferentes. Un de 7″ con 323 ppi con resolucion de 1920×1200 e a de 8,9″ con 339 ppi con resolución de 2560×1600. O procesador elixido foi o afamado Snapdragon 800 a 2,2 ghz.

Os dous dispositivos contan cunha cámara na parte dianteira, pero so na Fire HDX de 8,9″ atopamos unha cámara traseira de 8mpx coa que podemos facer vídeos en full HD.

En canto aos prezos, a Fire HDX de 7″ en un prezo básico de 229€, que varía en función da memoria interna que queiramos e a Fire HDX de 8,9″ comeza en 379€.

Destacamos que a Fire HD e HDX contan coa nova versión do sistema operativo que é Fire OS 3, un fork de Android 4.2.2. Como non pode ser doutro xeito, con estes dispositivos temos a mellor experiencia cando accedemos ao ecosistema Amazon desfrutando dun enorme catálogo de libros e cancións, das compras on-line ou da tenda de aplicacións.

Sobre o autor

No Responses

Reply