Samsung Spectacles, as “Google Glass” do fabricante coreano

samsung spectacles

 

Damos por feito que o 2014 vai o ano dos lentes intelixentes pois, como sabedes, a previsión é que Google saque á venda as desexadísimas (ou hype?) Google Glass, que non estarán soas na loita polo control da nosa vista, xa que existen alternativas bastante avanzadas como as Telepathy One ou as GlassUp.

spectacles 2

Nos últimos días falouse da posibilidade de que Samsung estivese traballando noutra alternativa, unhas “Galaxy Glass” que semella poidan estar máis próximas do que imaxinamos, polo menos sobre o papel. E é que este fabricante coreano vén de patentar as Samsung Spectacles, de cuxa documentación podemos ver certas similitudes cos lentes de Google, como a pequena pantalliña sobre o ollo e tamén gandes diferenzas, como son a montura completa con cristais e a presenza dun cable que iría vencellado ao teléfono.

spectacles 3

Desde logo, aínda é cedo para falar de especificacións ou de solucións finais (quedarán co cable? non?), mais o importante é saber que xa están traballando nelas e que haberá competencia.

Vía

Sobre o autor

No Responses

Reply