Smart GalApps anova a súa web e presenta novos servizos

apps_smartgalapps

Smart GalApps son uns vellos coñecidos desta casa, xa que logo das primeiras andainas co TradutorGalego e ConxuGalego, tamén lanzaron a guía social de Galiza Imos? e máis recentemente SmartWeather. Ademais, forman parte dese número crecente de empresas e entidades que están a apoiar a campaña #AndroidEnGalego.

Agora, veñen de lanzar a súa anovada páxina web, moito máis vistosa e cunha maior visibilidade dos diferentes contidos. Pero ademais, a renovación tamén serviu para dar a coñecer o novo servizo Smart Promo, un produto orientado a establecementos, asociacións culturais, locais comerciais… que andan na procura de solucións moi orientadas a trebellos Android (ou iOS).

smartpromo

Así, por exemplo, desenvolven aplicacións móbiles nativas,  axudan coas distintas vistas de asociados (mapas, ránkings), establecen sistemas de valoracións e comentarios de clientes, internalización, integración con redes sociais… servizos que calquera pequena empresa podería necesitar para mellorar a súa visibilidade e relación cos clientes nas plataformas móbiles.

Podedes visitalos nesta ligazón.

Sobre o autor

Reply