Analizamos a funda intelixente QuickWindow do LG G2

funda lg g2

Hai uns días publicamos a análise do LG G2, o terminal de referencia deste fabricante coreano, e hoxe toca facer o propio coa funda intelixente QuickWindow deseñada para este trebello, que vén a ser o mellor complemento en fundas para o LG G2.

Trátase dunha funda tipo libro que vén cunha pequena ventá frontal, respectando perfectamente os ocos reservados para o altofalante, conectores, botóns e LED de notificacións. Así mesmo, se facemos a dobraxe completa (como se déramos a volta ao libro), quedan accesíbeis igualmente a cámara e os botóns posteriores.

Ademais de protexer o noso dispositivo, a funda QuickWindow permite levar a cabo diferentes operacións sen necesidade de abrila. Son as seguintes:

  • Xestión de chamadas. Ao recibir unha chamada poderemos ver na xanela quen é a persoa chamante e dicidir se collela ou rexeitala directamente.
  • Consulta da hora: de seguro é un dos usos polos que máis veces activamos a pantalla do móbil. Pódese consultar a través desta xanela sen ter que activar toda a pantalla, co conseguinte aforro enerxénico que iso supón. Ademais dispón de varios modelos de reloxo par que escollamos o que máis nos guste.
  • Xestión da música: avanzar, retroceder en cancións, pausar e reanudar a música…
  • Apagar a alarma: tampouco será necesario que abramos a tapa para apagar a alarma, pódese xestión desde a ventaniña.

lq-quickwindow

Como vedes, non se trata dunha simple funda, senón que aporta algo máis ao LG G2, permitindo aumentar a batería xa de por si moi duradeira e protexendo o noso dispositivo.

Está dispoñíbel nun abano de cores, como diferentes tonalidades de azuis, negro, vermello, morado, ou amarelo. e pódese mercar na tenda en liña de MobileFun por 53,99 €.

Sobre o autor

No Responses

Reply