[Spoilers] Nexus 5 funcionando.

Levamos días, se cadra semanas especulando sobre as caraterísticas do novo Nexus, o aspecto,.. e até hoxe tivemos moitas filtracións. O que nos faltaba era unha mostra deste aperello funcionando, algo que xa temos desde fai unhas horas.

O vídeo dura case 7 minutos e nel podemos ver con claridade o ben que nove este gadget o novo sistema operativo de Google, aínda que neste aspecto atopamos algo significativo. O nome da versión que aparece no vídeo é Kie Lime Pie, e sabemos que  xa non será o nome comercial, senón que será KitKat o que nos fai sospeitar de que o vídeo pode ter xa un tempo.

Malia todo, non ten que ser un vídeo falso, so un vídeo preparado para ser filtrado horas antes da súa presentación e aumentar a espectación, xa que segundo os últimos rumores, todo apunta a que mañá día 31 será a data elixida para a súa presentación oficial.

Veremos o que ocorre, so é cuestión de tempo.

About The Author

Reply