Google habilita a tenda oficial de accesorios para as Google Glass

glass2-660x398

As e os que nos seguides en Google+ xa veríades o novo modelo de Google Glass, que incorporan un pequeno altofalanta in ear, ademais do sistema de son óseo detrás da orella. A priori non se ven moitos máis cambios estéticos, aínda que segundo afirman son moito máis compatíbeis con lentes de ver e cristais tintados (léase, lentes de sol).

Pois ben, vén de habilitar unha tenda  de accesorios en liña, accesíbel desde este enderezo https://glass.google.com/getglass/ (aínda que só visíbel para Explorers, xente que ten unhas Glass)

glass-store

Entre as cousas que se poden mercar están os auriculares compatíbeis coa versión 2.0 das Glass, unha bolsa para gardalas ou un cable – cargador. Iso si, moitos produtos non teñen stock e todos son bastante careiros.

Glass-Charger Glass-Mono-Earbud Glass-Pouch Glass-ShieldVía

Sobre o autor

Reply