Google presenta o agardado Nexus 5

Non cabe dúbida que a presentación dun novo membro da familia Nexus é todo un acontecemento para quen seguimos a diario o devagar da actualidade de Android, pois supón un chanzo máis no percorrer da historia deste sistema operativo. Hoxe, tras meses de rumoroloxía e filtracións, esaxeradas nos últimos días, puidemos coñecer oficialmente o agardado Nexus 5, o novo terminal de referencia de Google fabricado novamente por LG.

Pero ademais de fabricante tamén se repite a estratexia de non dotar aos Nexus das características máis potentes do mercado, numericamente falando, senón de apostar por boas prestacións a prezo asequíbel e unha unión (case) perfecta hardware – software.

Cumprindo co agardado, o Nexus 5 incorpora unha pantalla FullHD de 4,95 polgadas  cunha resolución de 1920 x 1080 (445 ppi) e Corning Gorilla Glass 3. O procesador é un Qualcomm SnapDragon 800 de 4 núcleos a 2,3 GHz, aderezados de 2 GB de memoria RAM, cámaras de 8 e 1,3 megapíxeles (a principal con estabilizador) e opcións de 16 e 32 GB. A súa batería é de 2300 mAh e como sistema operativo trae Android 4.4 KitKat.

Así mesmo, estará dispoñíbel en 2 cores, branco e negro, e poderase mercar a través da Play Store a partir de 349 euros.

Sobre o autor

4 Comments

  1. Anónimo 4 Novembro, 2013 Responder
    • Iago Varela Martínez 4 Novembro, 2013 Responder
  2. Carlos 21 Novembro, 2013 Responder
    • Iago Varela Martínez 21 Novembro, 2013 Responder

Reply

Deixa una resposta a Anónimo Cancelar a resposta