Splitwise, a aplicación para o control de gastos en grupo

logo-splitwise

Hai uns días analizabamos Toshl, unha aplicación que ao igual que Splitwise, da que hoxe queremos falarvos, servía para controlar os nosos gasos. A principal diferenza é que Splitwise facilita a tarefa da xestión en grupo, como por exemplo un piso de estudantes ou cando viaxamos con amigos; un paga unha cousa o outro paga outra pero chega a hora de facer contas e sempre se nos escapa algo.

screenshot-20130924-100324screenshot-20130924-100336

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Pois ben, esta app permítenos levar un control persoal dos gastos, aínda que quedando claro desde o primeiro momento que está pensada para a xestión en grupo. De forma sinxela creamos un grupo no que metemos as persoas coas que imos compartir gastos, feito o cal é sinxelo facer anotacións de quen lle debe a quen.

Ademáis, cando as débedas rematan temos outra opción para marcalo (settle up), pero sen eliminar nada, creando así unha especie de historial ou rexistro.

Para os movementos dentro dun grupo, temos tres opcións:

  • Debo algo
  • Débenme algo
  • Pagamento divido

Pensamos que para a xestión de gastos en grupo, a opción máis cómoda é a terceira, xa que se por exemplo temos que  anotar “gasto de comida primeiro día 65€ a repartir entre 2”, o que fai a app no método pago divido é que ao meterlle os datos, o gasto queda rexistrado a nome de que fixo o pago, pero nos detalles do gasto aparece que a metade correspóndelle pagala ao que fixo o pago e a outra metade ao seu acompañante.

screenshot-20130924-100619 screenshot-20130924-100536

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Tamén temos que destacar que hai unha opción que nos gustou especialmente. Imaxinade que, seguindo co exemplo da viaxe, á volta, esa comida do primeiro día nunca se pagou. Pois ben, Splitwise danos a opción de recordarlle á persoa que nos debe cartos preparando unha mensaxe automática que podemos enviar ao seu email.

screenshot-20130924-101154 screenshot-20130924-101140

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Un punto algo negativo, é que está app so a temos á nosa disposición en inglés co que para algún pode ser un pequeno problema. É gratuíta, compatíbel con todos os Android con versións 2.2 ou superior e pódese descargar desde a Play Store

Sobre o autor

Reply