FliwerControl, domótica útil para coidar as nosas plantas

Lembrádesvos dos comezos da domótica? Daquela poder subir remotamente as persianas da túa casa, controlar a caldeira ou o aire acondicionado era a revolución. Pouco a pouco e co paso dos anos esta tecnoloxía atopa por fin o seu oco e hoxe falamos das súas aplicacións no campo da agricultura.

Imaxinade que o voso cultivo precisa unhas condicións determinadas de humidade, iluminación e temperatura, pero o voso traballo impídevos estar pendentes todo o día; para este tipo de usuarios a empresa Fliwer ten a solución e vén de pór en marcha o seu proxecto en kickstarter: O Fliwer – Plant & Play.

Fliwer-4

O Fliwer consiste nunha serie de sensores e trebellos para monitorizar o estado da nosa planta. Co FliwerSensor achamos todos os datos e parámetros que nos interesen, que poden ser enviados á aplicación móbil grazas ao FliwerLink. En caso que, por exemplo, a planta necesitase auga, o FliwerControl encargaríase de solucionar o problema autonomamente.

O servizo conta tamén cunha ”nube” onde poder compartir experiencias e atopar consellos doutros usuarios, ou ser titorizado por un experto da compañía. Está dispoñible en dous modelos, o 3G e o WIFI. Se o proxecto atopa a financiación necesaria para levarse a cabo, éste estaría dispoñible a partir de Xaneiro do 2014.

Podedes atopar información na web do proxecto.

Sobre o autor

Reply