Archos lanza o Gamepad 2, a medio camiño entre tablet e consola

GamePad2 DCHA

Archos vén de anunciar a súa nova GamePad 2, un dispositivo situado a medio camiño entre tablet e consola, orientada ao público máis xogón.

Ademais dunha pantalla de 7 polgadas HD de resolucón 1280 x 800 píxeles, a GamePad 2 incorpora controis físicos que melloran a xogabilidade. O seu procesador é de 4 núcleos a 1,6 GHz, ten 2 GB de memoria RAM e unha batería de gran capacidade. Haberá 2 versións atendendo á capacidade da súa memoria, 8 ou 16 GB, en ambos casos ampliábeis por microSD de até 32 GB

Vén con Android 4.2 e inclúe 2 xogos completos preinstalados grazas un acordo con Gameloft

Pódese mercar por 179,99 €.

Sobre o autor

No Responses

Reply