Calendario de actualizacións a KitKat para os Nexus, Google Edition, LG G2 e a saga HTC One

kit kat

Logo de que se presenta unha nova versión de Android hai unha pregunta case que obrigatoria: cando se actualizará o meu dispositivo? Os fabricantes non adoitan dar moitas pistas sobre o tema, maioritariamente porque ao ter que modificar e adaptar o sistema operativo aos seus terminais e engadir as capas de personalización correspondentes pode haber certos retrasos que molestan aos usuarios.

Polo de agora, a listaxe de terminais que recibirán Android 4.4 KitKat, xunto coas datas previstas,  é a que segue:

  • Nexus 5. Vén con ela de orixe.
  • Nexus 4. Inminente.
  • Nexus 7. Inminente..
  • Nexus 10. Inminente..
  • Samsung Galaxy S4 Google Edition. Inminente.
  • HTC One Google Edition. Inminente.
  • LG G2. Novembro / decembro
  • HTC One. Xaneiro 2014
  • HTC One Mini. 2014 (despois do One)
  • HTC One Max. 2014 (despois do One)

Vía: 1 e 2

 

Sobre o autor

Reply