Un vídeo amosa a evolución da potencia na gama Nexus

Hai un par de días publicamos unha infografía que incluía toda a gama de smartphones da gama Nexus para poder comparar de xeito doado como foi a evolución hardware destes dispositivos.

Hoxe imos un paso máis aló con este vídeo de PhoneBuff no que poñen a proba a velocidade de reacción do Nexus One, Nexus S, Galaxy Nexus, Nexus 4 e Nexus 5 ante diferentes estímulos (acendido, apertura dun xogo, navegación…). As diferenzas son máis que evidentes, pero non debemos esquecer que pasaron case 4 anos entre o primeiro e o último.

Que vos parece?

Sobre o autor

Reply