A Historia de Android (XI)

Android-Jelly-Bean

O respaso de hoxe queremos adicarllo ao software e, se nos situamos no 2012, toca falar de Jelly Bean. Jelly Bean dá nome ás versións número 4.1, 4.2 e 4.3 do sistema operativo móbil de Google e anunciada o 27 de xuño dentro do Google I/O. Como non pode ser doutro xeito, supón un paso adiante respecto a Ice Cream Sandwich, versión da que destacabamos a unificación das versións mil e tablet.

A derradeira actualización de Jelly Bean, a 4.3, data de medidos de 2013 e é á que hoxe en día están a actualizar (ou xa teñen) os principais aparellos Android no mercado.

Como principais características desta versión, queremos destacar:

  • Android Beam, que permite intercambiar fotos e vídeos usando o NFC.
  • Melloras de rendemento do navegador.
  • Renovado deseño do reloxo.
  • Photo Sphere, ou como facer panorámicas esféricas de xeito nativo.
  • Novo editor de fotos, con novos filtros, marcos e ferramentas de edición.
  • Acceso á cámara dende a pantalla de bloqueo.
  • Face Unlock, ou como desbloquear o terminal usando a cámara frontal que recoñece o teu rostro.
  • Posibilidades de engadir gadgets á pantalla de bloqueo.
  • Dial Pad: comezas a teclear un nome ou número ao que chamar, e este complétase automáticamente.
  • Localizción usando a Wi-Fi sen necesidade de ter que encendela.
  • Perfiles restrinxidos, limitando o acceso a aplicacións e contidos.
  • Cambiar de usuario dende a pantalla de bloqueo dunha forma sinxela.

Esta so é unha mostra das novidades das que podedes desfrutar en Jelly Bean e que podedes ver ao completo aquí. Ademáis non queremos rematar sen comentar o que dende Google chamaron o “Proxecto Butter”; non é outra cousa que tentar que a experiencia ao interactuar cos dedos sexa das mellores obtidas até o momento.

Continuará…

Sobre o autor

Reply