A LG G Pad 8.3 xa está dispoñíbel no noso País

LG G Pad 8.3_01LG volve este ano ao mundo das tablets coa nova G Pad 8.3, coa que se sitúa a medio camiño entre as dúas tendencias maioritarias de tamaño (7 e 10.1 polgadas).

A nova tablet de LG, moi inspirada no deseño do G2,  incorpora un panel Full HD de 8,3 polgadas,cunha resolución de 1920 x 1200. O procesador é o extendidísimo Qualcomm SnapDragon 600, de catro núcleos a 1,7 GHz. Así mesmo incorpora 16 GB de memoria interna e 2 GB de memoria RAM. A batería é de 4600 mAh, o que promete bastante autonomía.

LG G Pad 8.3_02

En canto a software, vén con Android 4.2.2 Jelly Bean actualizábel, ademais dunha capa de personalización e aplicacións propias de LG. Neste senso, destaca QPair, unha ferramenta  que axuda á converxencia real entre dispositivos, xa que cada chamada ou mensaxe recibido no smartphone aparecerá tamén na tablet. Así mesmo, tamén incorpora cousas que vimos no G2, como o acendido con dobre toque na pantalla (knock on), que mellora sustancialmente a experiencia do usuario.

Está dispoñíbel por un 299 €

 

Sobre o autor

No Responses

Reply