Motorola presenta o Moto G, o segundo terminal da súa nova era

En agosto descubrimos o Moto X, un dispositivo que sería un máis na longa lista de terminais Android que se presentan se non fose porque era o primeiro de Motorola logo de ser adquirida por Google. Facendo gala dun orgullo patrio co “ensamblado dos USA”, tampouco o deixaron saír daló, polo que quedamos coas ganas de velo de preto.

Moto G

Na mesma liña vén o Moto G, que vén de ser presentado hai uns minutos. Trátase dun disposivo que non chama a atención polas súas prestacións e que queda na gama media. Incorpora unha pantalla de de 4,5 polgadas con resolución  1080 x 720, procesador Snapdragon de 4 núcleos e 1,2 GHz, 1GB de RAM e 8 GB ou 16 GB  de memoria interna, cámara traseira de 5 megapíxeles e frontal de 1,3. A batería é de de 2100 mAh.

En canto ao sistema operativo, sae con Android 4.3, aínda que prometen a actualización a KitKat 4.4 para xaneiro de 2014. A versión é totalmente pura, sen ningunha personalización, pois segundo cometaron entenden que Android limpo ofrece a mellor experiencia de usuario. Así mesmo, este guiño a Google tamén se reflexa nos 65 GB extra en Google Drive para almacenaxe na nube.

Moto G 2

Estará dispoñíbel no noso país desde finais de mes, co que se confirma o regreso do fabricante de telefonía móbil por excelencia. Custará 179 € na súa versión libre e de 8 GB (non está confirmada a chegada do de 16 GB), pero ademais tamén chegará con  varios operadores como Movistar, Orange ou Yoigo.

Sobre o autor

One Response

  1. Bxo 14 Novembro, 2013 Responder

Reply