Wiko Darkside, 5,7 polgadas por 249 euros

wiki darkside

 

Wiko vén de engadir un novo dispositivo ao seu abano de terminais Android, o Darkside, un smartphone que destaca pola súa gran pantalla e pola súa boa relación calidade prezo.

O panel, de 5,7 polgadas, ten unha resolución de 1280 x 720 píxeles e protección Corning Gorilla Glass que a protexe das habituais rabuñadas (chaves, pequenas caídas…). Completan as súas características técnicas un procesador de catro núcleos a 1,2 GHz, dobre cámara (principal de 12 e frontal de 5 megapíxeles), 16 GB de memoria interna e 1 GB de RAM . Ademais incorpora dobre SIM para poder empregar o dispositivo con 2 tarxetas a un tempo.

Poderase mercar por 249 € a partir do 20 de novembro en branco e máis adiante tamén en azul.

Sobre o autor

Reply