A Historia de Android. Anexo 1: Tablets

Aínda que cheamos ao final do noso repaso pola Historia de Android, hai un par de temas importantes que quixemos poñer en sendos anexos: as tablets e a fragmentación. Hoxe ocupámonos das tablets.

O mercado de tablets Android comezou lentamente: non estaba claro se este tipo de dispositivos chegarían a triunfar e os fabricantes movíanse con coidado. Poucos foron os que apostaron por probar sorte con este tipo de gadgets, no que o sistema oparetivo estaba pouco adaptado, máis aló de ser “teléfonos grandes”.

Daqueles tempos podemos destacar a Samsung Galaxy Tab 7 [cuxa presentación en España foi nun SIMO, o primeiro evento que cubrimos :’)] , que co tempo foron mellorando e ofréndonos novas alternativas de hardware e en diferentes tamaños.

GALAXY-Tab-7.0-Plus-Product-Image-6

 

pr_asus_eee_pad_transformer_prime_front_amethyst_graymotorola-xoom-precio-oficial

 

O primeiro salto en calidade deuse coa chegada de Honeycomb, unha versión de Android desenvolta especificamente para pantallas grandes. As tablets máis destacadas a comezos de 2011 que contaban desde a súa saída con Honeycomb eran a Xoom de Motorola e a Eed Pad Transformer de Asus, que contaba cun dock que era teclado e batería extra ao mesmo tempo.

Durante ese ano fóronse actualizando algúns destes equipos e xurdindo outros novos. Malia todo, o impulso definitivo para a invasión de tables Android no mercado foi o lanzamento a finais de ano de Ice Cream Sandwich, unha versión que podería funcionar perfectamente tanto en smartphones coma en tablets.

A partir do 2012 non é dificil atopar moitísimas opcións no mercado, tanto por prestacións, como por prezo, como por marca. Como é lóxico, non podemos agardar unha experiencia óptima cos gadgets máis baratos xa que Android precisa potencia para acadar a mellor experiencia, e a estas unidades baratas non lles sobra.

Cóstanos moitos facer este rapaso, porque son moitas as marcas e modelos que podemos atopar, pero concordamos en que as alterntivas presentadas por BQ ou Bluesens eran interesantes nese momento e, para os máis cativos (que xa sabemos que non sempre teñen o coidado necesario con este tipo de gadgets) atopabamos marcas chinesas a prezo máis que interesantes.

Pois ben, Google estaba vendo a boa acollida das tablets no mercado e por fin a mediados de 2012 presentaba a súa primeira tablet  en alianza con Asus. Lanzaba a súa Nexus 7 (análise) que foi e é un terminal invatible se comparamos calidade e prezo.

Nexus-7

O certo é que só foi o primeiro de varios terminais. O éxito fixo que sacara unha version de 10 polgadas (mesmo se rumorea que agora vai polas 8 polgadas). Así mesmo, neste 2013 lanzou unha mellora da Nexus 7, que se chama Nexus 7 2013, que tamén probamos.

Non queremos rematar e pasar por alto a Sony. Eles tamén lanzaron na IFA 2012 a Xperia Tablet S, unha tableta con bo hardware e un diseño totalmente novedoso que resultaba moi atractivo.

xperia-s_112756
E vós, tivéchedes algunha tablet Android? cal vos parece a mellor alternativa até o 2012?

About The Author

Reply