Google Play Kiosko, o novo produto de novas de Google

kiosko

Hai algún tempo presentábase Google Play Magazines, un servizo que non tiña moito sentido por estes lares, xa que as suscricións estaban limitadas xeograficamente. Na liña de mellorar isto e a personalización, vénse de anunciar Google Play Kiosko.

A aplicación, que aparece como unha actualización de Magazines, unifica esta con Currents, permitindo ler revistas en versión dixital, así como outras fontes de novas como blogs, xornais ou calquera feed que introduzamos manualmente. A presentación de texto, imaxe e/ou vídeo adáptase a diferentes tamaños de pantalla, polo que dependerá de se estamos a disfrutar destes no noso smartphone ou nunha tablet.

2013-11-20-19-58-18

Así mesmo, aprende dos nosos usos para destacar a información que máis nos interesa e inclúe outras ferramentas avanzadas, como un marcador para ler máis tarde ou a posibilidade de acceder aos artigos sen conexión.

Na actualidade ofŕecense máis de 1900 publicacións gratuítas e de pagamento que se poden seguir e que inclúen xornais, revistas e blogs. Así mesmo, ao pasarse a Play Kiosko levaremos connosco as suscricións que tivésemos en Currents.

Podedes actualizar a aplicación se xa tedes instalado Play Magazines ou descargala desde a Play Store.

Sobre o autor

Reply