Remotte, o mando a distancia para as Google Glass busca financiamento

O programa Explorers das Google Glass está a dar os seus froitos e pouco a pouco vemos como van xurdindo aplicacións e outras ferramentas que sacan partido a un dos mellores inventos dos últimos tempos. Porén, non é preciso dispor dunhas para pensar en complementos para elas. É o caso de Remotte, un invento que xurde da mente dun extremeño e que vén a ser un mando para as Google Glass, aínda que tamén é compatíbel con outros dispositivos.

glass-remotte

Como lembraredes de cando probamos as Google Glass, os lentes teñen unha patilla táctil que complementa os comandos de voz. Remotte simula unha segunda patilla en modo mando, polo que poderemos facer esas accións sen ter que erguer a man, o que fai que sexa un produto interesante para persoas con mobilidade reducida ou, simplemente, para ser máis discretos.

Ten 3 modos de funcionamento, Glass Mode, Photo Mode e Multimedia Mode; o primeiro deles é para xestionar o funcionamento xeral dos lentes, mentres que os outros dous están orientados a mellorar a funcionalidade dos modos foto e multimedia, como podedes ver no seguinte gif.

remotte-modes

Como nota anecdótica, o mando ofrecerase cuns vinilos cos que poderemos personalizar tanto o Remotte como as Google Glass; hai 3 a elixir, Urban, Techie ou Disco.

glass

Remotte está a buscar finanicamento a través dunha campaña de crowdfunding; se estades interesados en participar ou precisades máis información, podedes visitar a súa web.

Sobre o autor

No Responses

Reply