Wolder lanza miTab Yummy, unha tablet infantil por 89 €

TABLET_Wolder_miTabYUMMY_NP_20131120Wolder vén de anunciar o lanzamento da súa primeira tablet infantil, a miTab Yummy, un dispositivo de 7 polgadas pensada para que os máis pequenos da casa poidan xogar e aprender. Incorpora unha pantalla de 7 polgadas, cunha funda de silicona incluída que protexe tanto aos pícaros como ao propio dispositivo, dobre cámara, 1 GB de RAM e memoria ampliábel por microSD.

Pero o máis interesante vén na parte software onde, baseándose en Android 4.1 Jelly Bean, a tablet infantil de Wolder contempla diferentes interfaces, distinguindo un escritorio para os pequechos e outra para os adultos, que terán todo o control do trebello. O apartado infantil, Lollipop, dispón de xogos e aplicacións precargadas, ademáis dunha pequena biblioteca con clásicos como O libro da selva, Alicia no país das marabillas ou Peter Pan e unha selección de música clásica. Pola súa banda, a contorna para adultos, Xurf, transforma o dispositivo nunha tablet de 7 polgada con Android 4.1 limpo.

Estará dispoñíbel nas próximas semanas por uns tentadores 89 euros.

Sobre o autor

Reply