Tweedle, unha interesante alternativa para xestionar o teu Twitter

Pantallazo

Hoxe queremos achegarvos unha interesante aplicación para xestionar a túa conta de Twitter chamada Tweedle. Esta aplicación non aporta ningún cambio radical ao conxunto de clientes de Twitter xa existentes, pero se queres probar algo novo é unha boa opción.

A presentación da aplicación é a que podemos agardar neste tipo de clientes: ás típicas columnas de Cronoloxía (o timeline), mencións e mensaxes podemos engadir se o desexamos outras como os hashtag por rexións, favoritos, retweets meus entre outros, acadando un bo nivel de personalización que de seguro gusta aos máis exixentes.

screenshot-20131129-083044

screenshot-20131129-083141

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Tamén queremos destacar a velocidade de carga dos tweets, que é realmente boa, así como a posibiliade de visualización tanto de fotos coma as ligazóns dentro da aplicación sen precisar de apoiarse no navegador, o que mellora notablemente a experiencia de usuario.

screenshot-20131129-083243

Como vemos na anterior captura, a frecha que está na parte superior dereita, sérvenos para cargar a nova no navegador por se queremos unha visualización completa ou acceder aos comentarios.

Máis que nos pese, atopámonos con algún detalle que no non gustou moito. Por exemplo, na aplicación oficial de Twitter, vemos que os tweets con mencións que recibimos chegan de forma isntantánea, pero esta funcionalidade en Tweedle só está á nosa disposición cando estamos baixo unha rede WiFi e non ao estar conectados á rede móbil.

screenshot-20131129-083210

Outro punto que tampouco nos gustou moito é o sistema de carga de tweets. Para aforrar batería, os diferentes clientes de Twitter adoitan permitir seleccionar un tempo de actualización, por exemplo, unha hora, tras a cal cargan o timeline. Porén, Tweedle unicamente amosa unha notificación no móbil dicindo que transcorreu ese tempo, pero teremos que facer a carga manual.

En definitiva, as cousas que non nos gustaron non nos parecen decisivas para non apostar por Tweedle como alternativa, pero si que pensamos que sería bo que fosen revisadas en próximas actualizacións. Que pensades vós desta aplicación? Usaríadela?

Está dispoñibel na Google Play Store para descargar en terminais con Android 2.3 e superiores.

Sobre o autor

Reply